PRESENTACIÓN
O Concello de Negreira no seu labor de promoción e comercialización de servizos e establecementos hostaleiros pon en marcha a Saborea Negreira como ferramenta de dinamización da oferta comercial.
PARTICIPANTES
Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos de hostalaría legalmente constituídos no núcleo urbano de Negreira, previa inscrición gratuita no prazo e forma determinados nestas bases.
INSCRICIÓN
Os establecementos interesados en participar deberán inscribirse antes do luns 14 de abril de 2025 a través do formulario de inscrición na web do evento www.rutadastapasnegreira.com
A tapa concursante debe ter un custo de execución mínimo de 1€ ive incluído.
Deberán enviar a foto da tapa do concurso antes do venres 18 de abril de 2025 a través do correo electrónico rutadastapasnegreira@gmail.com
PREZO DE VENDA
O prezo fixo de venda ao público será de 2,5 € (IVE incluído)
HORARIOS
Os establecementos participantes terán as tapas á disposición do público (ata fin de existencias) durante os 3 días de celebración do concurso: venres 2, sábado 3 e domingo 4 de maio de 2025. O horario establecido para servir as tapas será, como mínimo desde as 12:00 h ata as 14:30 h e de 19:30 horas ata as 21:30 horas. Esta franxa horaria poderá ser ampliada, pero en ningún caso reducida. É obrigación do establecemento participante abrir os 3 días do concurso nas franxas horarias mínimas establecidas.
OBRIGAS DOS LOCAIS PARTICIPANTES
Todos os establecementos participantes están obrigados a: Selar, cando os clientes o soliciten, o tasaporte, logo de consumir a tapa específica do concurso e de votar. A inscrición e participación no concurso implica a aceptación destas bases.
SISTEMA DE VALORACIÓN
Serán tomados en conta só os puntos da valoración nos tapasportes que teñan os 5 selos dos establecementos participantes.
As urnas cos tapasportes selados serán recollidos o luns 5 e/o martes 6 de maio de 2025.
Terán oportunidade de participar no sorteo do público só os tapasportes con todos os selos do total de establecementos.
SELECCIÓN DA TAPA GAÑADORA
Entre todas as tapas presentadas, escollerase o establecemento gañador segundo a puntuación acadada.
O reconto da votación dos pasaportes será público e terá lugar en Radio Negreira (107.0 FM) o mércores 7 de maio de 2025.
O resultado darase a coñecer ese mesmo día en Radio Negreira. Así mesmo, será difundido nas nosas RRSS.
PREMIO ESTABLECEMENTO DA TAPA GAÑADORA
O premio consistirá nun agasallo dun artesán así coma unha e-caixa por valor de 250€ con 39 meses de validez para trocar.
BASES DO SORTEO DO PÚBLICO
Participan no sorteo só os tapasportes que teñan o TOTAL de establecementos participantes selados.
O sorteo entre o público participante terá lugar nun evento final o venres 9 de maio de 2025 no local gañador.
O gañador deberá estar presente no momento do sorteo. Sacaranse "tapasportes" para cada premio ata atopar un gañador.
O gañador deberá estar presente no local do sorteo co seu DNI. Non se entregarán os premios a representantes dos gañadores, nin serán validas as autorizacións.
O premio entregarase única e exclusivamente á persoa que cubrise o tapasporte.
En caso de ser menor de idade a persoa gañadora deberá estar co seu tutor ou responsable (maior de idade) para recibir o premio.
No momento de recibir o premio autorizarase a publicación e difusión da foto recibindo o premio correspondente.
PREMIO PARA O PÚBLICO PARTICIPANTE
- Premio para o primeiro: TV 65´
- Premio para o segundo: una tarxeta agasallo cortesía de Casa Barqueiro por valor de 100€ (premios con data de caducidade de 1 ano)
- Premio para o terceiro: unha prenda personalizada cortesía de We are b Negreira por valor de 30€ ( premios con data de caducidade de 1 mes)
TAPASPORTE (documento no que se recollen os locais e tapas participantes e que deberán selar os establecementos)
O tapasporte ten o seu período de vixencia que será o da duración do concurso, terá que estar debidamente cuberto para que sexa válido.
Poderá recollerse en calquera dos establecementos adheridos ao concurso entre o venres 2 e o domingo 4 de maio de 2025.
As persoas participantes deberán entregar o pasaporte nos locais participantes. A data límite para a entrega será o domingo 4 de maio de 2025.
Para que os votos sexan válidos cada tapasporte debe ter polo menos 9 establecementos selados e estar debidamente cuberto cos datos.
PUBLICIDADE
O concello de Negreira elaborará diferentes elementos de promoción (trípticos, folletos, carteis) nos que figurarán todos os establecementos participantes e que serán amplamente divulgados nas RRSS, prensa e radio.
DÚBIDAS, QUEIXAS E SUXESTIÓNS
Para a atención e comunicación directa cos establecementos participantes, resolver calquera incidencia ou aclarar detalles poden dirixirse á: rutadastapasnegreira@gmail.com