establecemento

maio -xuño 2024

 O  Concello de Negreira no seu labor de promoción e comercialización de servizos e establecementos hostaleiros pon en marcha a 10ª Ruta das Tapas como ferramenta de dinamización da oferta comercial.

xoves 16, 23, 30 de maio e 6 de xuño

 O prezo fixo de venda ao público será de 2 € (IVE incluído) O Custo mínimo para a execución de tapa concursante 1€ (IVE incluído) 

Os establecementos participantes terán as tapas á disposición do público (ata fin de existencias) durante os 4 xoves de celebración do concurso na franxa horaria establecida.

horario das tapas

xoves

NOITE

19:00H - 22:30H


É obrigación do establecemento participante abrir os 4 días nas franxas horarias mínimas establecidas.

 PREMIO PARA ESTABLECEMENTO GAÑADOR

 Entre todas as tapas presentadas, escollerase o establecemento gañador segundo a puntuación acadada. O reconto da votación dos pasaportes será público e terá lugar en Radio Negreira (107.0 FM) o mércores 12 de xuño. O resultado darase a coñecer ese mesmo día en Radio Negreira. Así mesmo, será difundido nas nosas RRSS. 

O premio consistirá nun agasallo dun artesán así coma unha tarxeta agasallo*

 Experiencia Smartbox valorada en 250€ con 39 meses de validez para troncar.

 

 PREMIO PARA o público participante

O sorteo entre o público participante terá lugar nun evento final no local gañador

na semana do 17 ao 21 de xuño de 2024 (data a escoller polo establecemento gañador)

só as persoas que completen o total do pasaporte participarán no sorteo

1º PREMIO 

TV 65"

2º PREMIO 

Tarxeta agasallo cortesía de Casa Barqueiro

(premio con data de caducidade) 


3º PREMIO 

Un suadoiro personalizado cortesía de we are b 

(premio con data de caducidade) 



 

Participan no concurso todos aqueles establecementos de hostalaría legalmente constituídos no núcleo urbano de Negreira, previa inscrición gratuita no prazo determinado.

 A inscrición e participación no concurso implica a aceptación das bases. 

A organización da Ruta das Tapas Negreira 2024 resérvase o dereito de anulación ou cancelación de participantes ou establecementos por causa de forza maior.

 

PUBLICIDADE

O Concello de Negreira elaborará diferentes elementos de promoción (trípticos, folletos, carteis) nos que figurarán todos os establecementos participantes e que serán amplamente divulgados nas RRSS, prensa e radio. 

Para a atención e comunicación directa cos establecementos participantes, resolver calquera incidencia ou aclarar detalles poden dirixirse á

FacebookInstagramTwitter