TAPASPORTE

PREGUNTAS FRECUENTES

Que é o tapasporte?

O tapasporte é o documento no que se recollen os locais e tapas participantes e que deberán selar os establecementos unha vez consumida e valorada a tapa.

Onde atopar o tapasporte?

Poderá recollerse en calquera dos establecementos adheridos ao concurso dende o día xoves 16 de maio.

Como puntar a tapa?

A puntuación da tapa será de 1 punto se considera que é regular, de 2 puntos se considera que é boa e de 3 puntos se a tapa é moi boa.

Cando non é válido un tapasporte para a valoración da tapa?

Para que os votos sexan válidos cada tapasporte debe ter polo menos 9 establecementos selados e estar debidamente cuberto cos datos do participante.

Todos o tapasportes participan no sorteo?

Non, só os tapasportes que teñan selados todos os establecementos participantes.

Ata cando podo entregar o meu tapasporte para o sorteo?

A data límite para a entrega é o xoves 6 de xuño de 2024.

Cando selar o tapasporte?

Cando o cliente o solicite, logo de consumir a tapa específica do concurso e de votar.

Onde podo ler as bases do concurso?

As bases do concurso pódense ler na páxina Bases Reguladoras 2024

A quen debo dirixirme se teño máis dúbidas sobre o concurso?

Para resolver calquera incidencia ou aclarar detalles poden dirixirse á oficina cultura o ao correo electrónico rutadastapasnegreira@gmail.com

FacebookInstagramTwitter